Que é a renda básica das iguais?
Autoría: José Iglesias Fernández
O texto é froito do traballo de moitas persoas de Baladre, dirixidas e coordinadas polo maior entusiasta da proposta, José Iglesias Fernández, que puxo por escrito todas as nosas reflexións e que é quen máis impulsa o debate e a reflexión sobre ela entre as xentes de Baladre. Este é un texto que foi debatido no Parlamento alemán hai catro anos e que está traducido a múltiples e diferentes idiomas. Constitúe a base da que está a ser a primeira ILP pola Renda Básica en Estremadura. Agardamos que, do mesmo xeito que a nós nos está a resultar útil, tamén o sexa para ti e que, desde agora mesmo, teñas a RBis como unha ferramenta de loita.