Outro mundo é posible

Autoría: Lugo sen mordazas

O 26S en Lugo será recordado como un día histórico da nosa cidade. A manifestación de axenda local máis masiva dos últimos tempos, congregando ao redor de mil persoas. Días despois, o borrador da ordenanza sería retirado durante o transcurso do pleno do Concello. Demostrámonos que a unión e a loita son o único camiño. Celebramos a vitoria, pero ao mesmo tempo advertíamos de que estariamos atentxs ante calquera nova meobra ou calquera aplicación das normativas vixentes que supuxeren un atentando contras as liberdades individuais e/ou colectivas. Tra-lo éxito baseado na sinerxía e unión entre persoas e colectivos de distintivas sensibilidades, a meirande parte decidimos continuar de forma activa para acadar uns obxectivos.