Hai que botalos
"Hai que Botalos" é unha campaña de estimulación do "boto", promovida por BURLA NEGRA e A FRAGA MALDITA de cara ás históricas eleccións nas que Galiza se xoga, tal vez, a oportunidade de respirar aires máis limpos e democráticos. A primeira fase, xa rematada, é a realización dunha película de denuncia, de creación colectiva, composta por vintecatro curtametraxes de non máis de cinco minutos, e que conta coa participación de artistas e creador@s galeg@s dos máis diversos ámbitos.