Contra a ordenanza cívica: por unha cidade inclusiva e viva

Autoría: Lugo sen mordazas

O Concello de Lugo quere aprobar unha ordenanza que chaman "cívica", pero que recorta as liberdades e é contraria aos dereitos civís. Por este motivo, máis de trinta agrupacións culturais, sociais e políticas, e outras individualidades, organizámonos nunha plataforma, co obxectivo de esixirlle ao goberno local do PSOE e á corporación municipal a retirada de dita ordenanza.