Acampa 2017: Pola paz e o dereito a refuxio

Autoría: Acampa

A cotío recibimos informacións de acontecementos graves que nos impactan e que provocan o éxodo de millóns de persoas. Seres humanos que foxen da dor, o sufrimento e a morte, buscando refuxio. Somos moitas as persoas que queremos actuar pero non sempre sabemos como. Acampa é unha iniciativa cidadá sen fins de lucro que ten como obxectivo crear unha rede internacional para a defensa dos dereitos humanos, o Dereito Internacional Humanitario e o Dereito a Refuxio.